Identificación e selección de moedas

Métodos de identificación e selección

A identificación e selección das moedas pode ser de diversos tipos, atendendo ás características das moedas:

 

- Identificación e selección mecánica:

Mediante un conxunto de mecanismos distingue as moedas polas súas dimensións e peso. Permiten a introdución de moedas falsas, e desaxústanse co uso.

 

- Barreira fotoeléctrica:

Mediante unha fotocélula pódese detectar o paso dunha moeda ou identificala.

 

- Identificación magnética:

Ao insertar unha moeda facémola pasar a través dun campo magnético. As moedas, ao estar formadas por metais diferentes e por ter diferente grosor modifican o campo magnético de forma diferente. Dependendo de como sexa a modificación dese campo o moedeiro saberá de que moeda se trata. 

 

- Escáneres ópticos:

Un escáner óptico consiste nunha pequena cámara que envía imaxes ao ordenador central da máquina expendedora.  Ese equipo está programado para buscar determinadas marcas nas imaxes, e deste xeito identificará as moedas ou billetes.

A maioría das máquinas actuais inclúen un selector de moedas que combina sistemas mecánicos, electrónicos, e ópticos.

Vídeos

Fotos