Programa II - Cartos totais recaudados

Incluímos unha función para coñecer o diñeiro total recaudado dende que se acendeu a máquina se pulsamos o botón laranxa.

 

Engadimos a variable "cartos totais"

Esta variable que introducimos, é a que leva a conta do diñeiro recollido dende que comezamos a executar o progama.

 

Estrutura do programa:

 

O programa é similar ao anterior, pero cambiamos o bloque "Moedas1" por "MoedasCartos" e engadimos unha rutina ao final 

Esta variable, comeza co valor 0, pero despois de seleccionar as moedas súmaselle 50 á variable.

O final do progama, esta variable non se pon a 0, co que segue sumando e contando o total.

 

Bloque "MoedasCartos"

 

O bloque "MoedasCartos" é igual ca o "Moedas1" explicado anteriormente, só que agora inclúe ao principio o programa "cartos totais" que conta e amosa na pantalla o diñeiro total recaudado.

 

Bloque "Cartos totais"

 

O programa "cartos totais" encárgase de amosar na pantalla o diñeiro total recaudado, que está memorizado na variable "cartostotais", cando prememos no botón laranxa.

Cando prememos o botón laranxa, a pantalla reiníciase, e aparece a mensaxe: "Cartos totais". E despois de esperar un rato amosa a cantidade obtida.