Programa III - Selección de idioma
Selección do idioma ao acender a máquina
Coa intención de exportar a máquina expendedora incluímos ao principio do programa unha rutina que permite seleccionar o idioma do país no que estará funcionando. Por iso, o idioma será elixido polo propietario da máquina unha vez a poña en marcha, pero non os clientes.
Variable idioma:
Engadimos ao comezo do programa unha variable numérica "idioma" e poñemola a cero.
Elimínase a opción de contar os cartos totais porque non temos botóns suficientes no controlador NXT
Unha solución é utilizar un novo sensor de contacto para esta función, posto que temos 2 portos libres.
Outra solución é programar a elección de idioma por número de veces que se preme nun dos botóns.
Bloque "Elixir idioma":
Para elixir o idioma introdúcese unha rutina para seleccionar o idioma no que funcionará a máquina expendedora. Isto faise ao inicio do programa, fóra do bucle, para que non se repita cada vez que un novo cliente chega.
Explícase a continuación:
A pantalla amosa os tres idiomas que o dono pode elixir.
Para a selección, utilizamos, outra vez, os botóns. Dependendo do idioma seleccionado, a variable colle os valores 1, 2 ou 3.
Esta vez, para saír do bucle, non podemos mandarlle o robot que espere que a variable teña un valor determinado, polo que mandamoslle que cando sexa maior ca 0 saia.
Se a variable vale 0 é que aínda non se elexiu o idioma, e repítese o bucle á espera a que se realice a selección.
Introducrir moedas e selección de caramelos:
A partir de aquí o programa é similar ao explicado anteriormente, coa diferencia de que o texto amosado na pantalla será no idioma elixido
Para iso, todas as veces que teña que aparecer algo escrito na pantalla, debemos introducir unha bifurcación controlada polo valor de "idioma", e dentro dela o texto no idioma correspondente ó valor da variable.
Isto faise en tódolos puntos do programa nos que apareza texto.
Selección do idioma cada vez que se vai realizar a venda
Para situar a máquina en lugares nos que os posibles clientes poidan ter múltiples nacionalidades, como poden ser aeoroportos, congresos, etc., ofrécese a posibilidade de que sexan eles os que elixan o idioma. Cada vez que se vai realizar unha venda o cliente deberá seleccionar o idioma da súa preferencia.
O programa é similar ao anterior, pero o bloque "Elixir idioma" debe introducirse dentro do bucle para que sexa o cliente o que escolla o idioma antes de proceder á compra.
Antes de saír do bucle hai que poñer a variabel "idioma" a cero para que permita de novo a selección.